Raíz atlántica

Só un océano salvaxe podería labrar as formas da nosa costa e o carácter da nosa xente. Porque somos salitre, e porque aquí sempre a auga salgada ten o poder de curar.

Por un lado, as bágoas. Polo outro, o mar.

O tránsito de navigantes forxou a nosa historia dende tempos inmemoriais.
Hoxe, o sol segue durmindo cada noite alén do horizonte.

Non deixes de contemplar o noso solpor. Cada un é irrepetible.

Pedra e mar

As pedras escritas dos montes de Lira dan fe da memoria máis ancestral desta terra. Hai cinco mil anos, os primeiros poboadores deste lugar gravaron na osamenta do planeta mensaxes eternas.

O amor por esta terra e por este mar segue vivo en nós.

El eco da estirpe

Este lugar conserva o carácter mestizo dos pobos que ancoraron nas súas ribeiras. Os ancestros perdidos que labraron as pedras escritas e ergueron os dolmens; os fillos de Gael que colonizaron toda a cornixa atlántica europea, os romanos que ollaban con pavor como o sol se afundía nas augas, os pobos xermánicos que chegaron despois.

A epopea dos celtas segue navegando por estas augas indomables.

Ese é o espíritu da terra aquí, en Portocubela.