Apartamentos PortoCubela

Os nosos apartamentos están totalmente equipados para que goces duns días de descanso en A Costa da Morte.

Un espazo para gozar dunha contorna natural única, coñecer a nosa cultura e degustar a gastronomía galega.

“Respira. Estás na casa.
Estás en Portocubela”

Teixoeiras

—Por que adorar os teixos, habendo tantas árbores?
—Por que escoller unha flor no cerne da primavera?
“Os teixos teñen vida, mais custodian a morte.
Polo seu van navega o veleno de mil frechas.
Eles gardan a paz das murallas, das fronteiras;
E as noites de luar nas lubres cantareiras.
É por iso que vimos buscar a súa sombra
aquí, na praia longa. Aquí, nas teixoeiras”.

  • 51.6 m2
  • Planta: Baixa
  • Categoría: Delux con vistas ao mar
  • Ocupación: 4 persoas
  • Total dormitorios: 2
  • Dormitorio 1: cama 1.50. Armario na habitación.
  • Dormitorio 2: cama 1.35. Armario na habitación
  • Salón comedor con amplas vistas ao mar
  • Cociña totalmente equipada (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

Prousos Magos

mago, a (subs): “Persoa á que se lle atribúen poderes sobrenaturais e que coñece as propiedades dos elementos da natureza, que adiviña o porvir ou fai curacións”.
E ti, que hoxe desprezas cun sorriso burleiro
os refráns que fan rimar os refachos de vento; o saber feiticeiro das témporas nos solsticios, as cantigas vellas que protexen os berces. As apócemas quentes dunha nai amorosa, as lendas dos outonos, dos veráns, dos invernos. A maxia do compoñedor. Da lúa.
Dos menciñeiros.
A maxia non existe, afirmas con suficiencia.
E eu, esbrancuxado, ouveo contra o vento:
—E logo, ti… Non viches as pedras escritas?
Non sabes que reflicten o universo enteiro?

  • 54.48 m2
  • Planta: Baixa
  • Categoría: Delux con vistas ao mar
  • Ocupación: 3 persoas
  • Total dormitorios 2
  • Dormitorio 1: cama 1.50. Armario na habitación
  • Dormitorio 2: cama 90. Armario na habitación
  • Salón comedor con vistas ao mar
  • Cociña totalmente equipada. (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

Laxe da escrita

Poderías ver a laxe coma un ermo ferido. Un terreo mestizo, estéril, nu, van.
Unha leira machorra incapaz de criar.
Mais tamén podes vela coma un lenzo inmortal.
Coma un eido asollado no que debuxar
a esperanza, as soidades, a luz do vendaval. Os misterios do ceo, as mudanzas do mar.
O que non comprendemos. O que nos fai soñar.

  • 54.48 m2
  • Planta: Primeira
  • Categoría: Delux con vistas ao mar
  • Ocupación: 3 persoas
  • Total dormitorios 2
  • Dormitorio 1: cama 1.50. Armario na habitación
  • Dormitorio 2: cama 90. Armario na habitación
  • Salón comedor con vistas ao mar
  • Cociña totalmente equipada. (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

O Filladuiro

“Porque foron, hoxe somos. Porque hoxe somos, serán”.
Afillar, instinto atávico. Arela de ser inmortal. De cicelar sobre a pedra a luz do disco solar.
Perpetuar a nosa estirpe. Facer ronseis no mar. Tanxenciar o rodopío cun navío de cristal.
As adiviñas antigas están labradas no chan. Corren polo sangue anceios imposibles de ignorar.
Disto fala o filladuiro:
Ante a dúbida, amar.

  • 52 m2
  • Planta: Baixa
  • Categoría: Delux con vistas ao mar
  • Ocupación: 3 persoas
  • Total dormitorios 2
  • Dormitorio 1: cama 1.50. Armario na habitación
  • Dormitorio 2: cama 90. Armario na habitación
  • Salón comedor con vistas ao mar
  • Cociña totalmente equipada. (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

Porta Ventosa

Mar a un lado, mar ao outro. E aquí, o vento a zoar.
Nesta porta ventureira o solpor é a vida toda. Louro vixía unha banda, Fisterra avanza na proa. E o Pindo, nao senlleira, limítase a deitar sombra.
Este vieiro que cruza garda os ecos de mil zocas.
Os canastros, na cabeza, cargan esperanzas rotas.

Ruth Matilda Anderson
  • 52 m2
  • Planta: Primeira
  • Categoría: Delux con vistas ao mar
  • Ocupación: 3 persoas
  • Total dormitorios 2
  • Dormitorio 1: cama 1.50. Armario na habitación
  • Dormitorio 2: cama 90. Armario na habitación
  • Salón comedor con vistas ao mar
  • Cociña totalmente equipada. (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

As Laxiñas

Has procurar un bo seixo
para vir labrar a pedra?
Mellor escríbeo no vento.
Talvez alí non se perda.

  • 50 m2
  • Planta: Segunda abuhardillada
  • Categoría: Con vistas al mar
  • Ocupación: 2 persoas
  • Total dormitorios: 1, cama 1.50. Armario na habitación
  • Salón comedor
  • Cociña totalmente equipada. (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

Rego Lamoso

“Esa é unha terra verde, deitada ante o gran océano.
Asucada por mil ríos
e varrida día e noite por un vento cargado de sal.
A súa pel aloumiña, pero é brava tamén;
e deixa ver entre maxias a osamenta do planeta.
A rocha alí esta marcada pola cicatriz do tempo,
polo sentir dos mil pobos que chegaron para ficar.
Esa é a terra, meu fillo. A nosa terra. O lar.
Pódeslle chamar Breizh. Ou Cymru, Eyre, Kernow, Alba ou Mann.
Tamén lle chaman Galicia.
Iso non ten importancia”.

  • 50 m2
  • Planta: Segunda abuhardillada
  • Categoría: Con vistas al mar
  • Ocupación: 2 persoas
  • Total dormitorios: 1, cama 1.50. Armario na habitación
  • Salón comedor
  • Cociña totalmente equipada. (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

Cova do Goriño

Cabras. Uros. Espirais. E coviñas, ben pequenas. Iso gravei no Goriño.
Agora falan as pedras.

  • 45 m2
  • Planta: Segunda abuhardillada
  • Categoría: Delux con vistas ao mar
  • Ocupación: 2 persoas
  • Total dormitorios: 1, cama 1.50. Armario na habitación
  • Salón comedor con amplas vistas ao mar
  • Cociña totalmente equipada (Forno, placa vitro, campana extractora, frigorífico, lavadora e microondas)
  • Baño con prato de ducha, inodoro e lavabo
  • Radiadores eléctricos

Laxe Negra

As ondas contras os cantís e, no ceo, a lúa chea.
Os pés espidos que sangran ao tantearen a pena.
A mirada albisca ao lonxe unha vela silandeira. Cecais alén do horizonte haxa outra primavera.
Anceio que o espertar agrome novas e vellas arelas.
Que deixe de ser a vida esta dura laxe negra.
Pero hoxe, eu morrendo
nesta longa noite de pedra.