Apartamentos en A Costa da Morte

Poxecto “Bela”

“Portocubela” é o terceiro establecemento que poñemos en marcha, tras o albergue “Bela Muxía” e o hotel literario “Bela Fisterra”. Unhas propostas son tan singulares coma nós mesmos. A identidade deste proxecto fundaméntase no amor pola terra, a exaltación das raíces, o valor da arte e da literatura e, por suposto, no agarimo por todas e cada unha das persoas que nos veñen coñecer. Grazas por confiar en nós. Descansa. Estás nun “Bela”.

“Respira. Estás na casa.
Estás en Portocubela”

Apartamentos singulares

Encomendámosche a ardua tarefa de respirar.

Inspira o vento mareiro, pecha os ollos; e que o aroma a salitre te devolva a idades color sepia. Deixa alagar as retinas coa beleza inabarcable do mar a bicar a pedra. Queremos ver a area baixo os teus pés espidos, e sentir a túa risa entre rumores de tormenta.

E o ceo infinito a abeirar os teus cabelos, ceibos ao ar.

Racha coas túas cadeas.

Explora cada recuncho desta fisterra atlántica. Mergulla nos milenios que espreitan dende as tebras. Descobre a dimensión do tempo nas mareas. Atópate de novo alá, no fondo, baixo mil capas grises de cotidianidade eterna.

Regresa a ti.

A ti mesm@, si. Alá, no fondo. Esa é a túa tarefa.

Deixa que nós nos encarguemos do resto.

Respira, estás na casa.
Estás en Portocubela.

Outros aloxamientos do grupo

Porque cremos noutro xeito de facer o de sempre. Porque levamos no sangue a esencia desta terra. Porque temos fe na arte, na historia, na beleza.

Porque coñecemos ben os castigos do día a día. Da rutina implacable e da súa rudeza. Porque a fuxida necesaria debe levarnos lonxe. Porque voltar ás orixes é dar coa nosa esencia.

Por iso demos forma aoBela Fisterra. Hotel, literatura, Terra.

E para os pés fatigados, en Muxía, outro Bela

Bela Muxía

Bela Muxía é un albergue con todo tipo de servizos para os que desexan pasar uns días en Muxía.

Bela Fisterra

Bela Fisterra é un novo hotel en Fisterra dedicado á literatura universal do mar.

Servizos

Frigorífico

Lavadora

Vitrocerámica

Forno

Microondas

Extractor

Inodoro

Lavabo

Ducha

Billa monomando

Cama 190×150

Cama 190×90

Toallas ducha e lavabo

Vaixela

Útiles limpeza

Tabla e ferro

O Proxecto Portocubela

Todos os nosos establecementos (Bela Fisterra, Bela Muxía e, agora también, Portocubela) son o resultado conxunto da sensibilidade artística e humana do “Comité de Sabios”, un grupo de intelectuais —entre os que se atopan figuras senlleiras da Poesía, da Arquitectura, da Narrativa, da Música e outros eidos da cultura e da arte de Galicia— con vencellos profesionais e tamén emocionais cos Belas xa dende a súa orixe.

No caso de Portocubela, a idea inicial (ese relato primario que enxalza a identidade histórica da terra onde se atopan) xorde da dialéctica entre Antón Castro, Modesto Fraga e Bieito Romero. Eles son os que guían o comité cara á figura de Chisco Fernández Naval, gran persoeiro da literatura galega cun arraigamento en Lira longo e frutífero. El é o encargado de nos amosar os petróglifos que dan nome e razón de ser aos nosos apartamentos, e de orientar ese concepto inicial cara a unha proposta concreta.

Finalmente, será o novelista Rodrigo Costoya o que acabe de dar forma á idea, materializándoa nos textos que hoxe se poden ler nas paredes de Portocubela e tamén nesta web.

Arrolo de Portocubela

Eu gardo o horizonte onde dormen os soños,
O arrolo sen pausa do mar dos atlantes,
O cerne de rocha que forxou os milenios,
O suspiro final de todos os camiñantes.
Aquí remata a Terra, aquí o mar é un mapa.
Aquí a pedra é pel, é carne, é osamenta.
Esta é a terra dura onde moran as fadas.
Da especie maldita a derradeira fronteira.
Non te espantes se o sol fai que fervan as augas;
Cada solpor has sentir que a vida é eterna.
Nin pretendas ler na miña pen os estigmas.
Os druídas abéirannos entre neves perpetuas.

Isto é o que eu son.
Sol, vento, mar e pedra.
Respira. Estás na casa.
Estás en Portocubela.

Nana de Portocubela

Yo guardo el horizonte donde duermen los sueños,
El arrullo sin pausa del mar de los atlantes,
La nuez de roca madre que forjó los milenios,
El suspiro final de todos los caminantes.
Aquí acaba la Tierra; aquí el mar es un mapa.
Aquí la piedra es piel, es carne, es osamenta.
Esta es la tierra dura donde habitan las hadas.
De la especie maldita la última frontera.
No te asustes si el sol hace hervir a las aguas;
Cada ocaso sentirás que la vida es eterna.
Ni pretendas leer en mi piel los estigmas;
Los druidas los protegen entre nieves perpetuas.

Esto es lo que soy.
Sol, viento, mar y piedra.
Respira. Estás en casa.
Estás en PortocuBela.